Archivo de la etiqueta: Deberes

Entrevistas a jóvenes educadores: Saleta Alonso Barreiro

 “A educación debería estar máis en contacto co ritmo natural das cousas, máis preto da Natureza, da Arte e dos saberes prácticos”

 Saleta Alonso Barreiro

fotos verano 014
Saleta Alonso, Educadora Social.

Diplomada en Educación Social, Directora e Monitora de Tempo Libre, especializada en persoas con capacidades diferentes.

 Actualmente traballo de auxiliar educativa nocturna no Fogar Infantil Emilio Romay da Deputación da Coruña, con nenas e nenos con medidas por desprotección. Este vídeo recolle bastante ben o traballo que alí facemos:

Que moveuche a dedicarte a isto?

Unha experiencia temperá cun familiar con enfermidade mental fíxome moi consciente da desprotección social que sofren as persoas que non están dentro do sistema establecido, facéndome sentir a necesidade de entrar no armazón dos Servizos Sociais de forma crítica, activa e construtiva. Esta análise é de 1997, agora xa non estou tan segura de que o camiño sexa este.

Que é a educación para ti?

Entendo a Educación dende a súa procedencia latina “Educere”, que quere dicir: “extraer da persoa o mellor que leva dentro”;  uníndoo coas palabras de Victoria Camps cando di que “educación é axudar a elevar o nivel cultural para que os educandos poidan ser libres para ser quen queiran”.

Seguindo estas definicións, non caberían logo os diferentes tipos de educacións en bloque, senón que cada ser humano tería un ritmo diferente e excepcional no seu proceso educativo. Entendendo o proceso educativo como un sistema de colaboración e engranaxe, e non de competición.

Tamén creo que a educación debería estar máis en contacto co ritmo natural das cousas, máis preto da Natureza, da Arte e dos saberes prácticos.

Copia de educacion

Ultimamente, fálase moito sobre a conveniencia ou non de mandar deberes aos nenos, que opinas?

Opino que as cativas e os cativos xa pasan demasiadas horas ao día sentados fronte a un pupitre que lles limita tremendamente a súa mobilidade natural, a súa inquietude, curiosidade… como para que na casa teñan que poñerse de novo nesta posición (“carne que crece non para”). As horas que pasan na escola deberían ser suficientes, se non é así probablemente será que o método non é o axeitado.

Outra cousa é que se active a curiosidade innata e sexa el ou ela mesma quen busque este espazo para aumentar o seu coñecemento.

Recoméndanos algún libro e/ou película de temática educativa:

“Hoy empieza todo” de Bertrand Tavernier, película do 1999 sobre a Francia do momento  que está de rabiosa actualidade na España do 2014. Recordo ir a vela na estrea ao cine e parecerme unha realidade moi afastada da Galiza daqueles tempos… só tiña que esperar case 15 anos para que a historia se volvese a repetir.

Hoy empieza todo
Cartel da película «Hoy empieza todo», de Bertrand Tavernier.

 

Tamén me gustaría adxuntar como lectura recomendada o artigo de «Los niños: los de arriba, los de abajo y los del medio» de La Escuela del Mundo Al Revés, de Galeano.

 

Otras entradas de esta serie:

-Presentación

-Entrevista a Belén Pin

-Entrevista a Juan Monroy

-Entrevista a Chus Álvarez

-Entrevista a Carla López

-Entrevista a Sabina Díaz